Seguidores

martes, 17 de julio de 2012

MEU SER PSICÓPATA

Coidei en facer pra ti un presente, do tipo ao que estamos acostumados. Unha gaiola chea flores. Un acuario de peixes mortos. Pan sen sal. Os choros dun meniño que se perdeu da  mai. Un verbo conxugado so en singular. Mais prefiro regalarche somentes a inquedanza de saberte agasallado.

domingo, 11 de marzo de 2012

No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra
no meio do caminho tinha uma pedra.

Nunca me esquecerei dese acontecimento
na vida das minhas retinas tão fatigadas.

Nunca me esquecerei que no meio do caminho
tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
no meio do caminho tinha uma pedra.

Carlos Dummond

sábado, 14 de enero de 2012

¿É posibel que todo sexa pura e absurda casualidade?Ficar calada no cuarto só me fai morder as horas, ver debuxados centros de interrogantes, de posibilidades. Vixiar as costas e buscar o espello pra ollar anos atras, séculos de emocións que se condensan en segundos, coma estúpidas pingas de chuvia que ao caer forman un charco sen tan sequera sospeitalo. Íspome de vagar agardando que o corpo nú me ensine a verdade, acudo á auga santa da ducha, tomo baño e non me sinto limpa, teño apegada á pel esta suor vella de tanto xogar mentiras compartidas e verdades que afogan na saliva morna e velenosa dos amantes-odiantes. ¿Qué máis queres de min?¿Cara onde nadamos neste mar podre que tentamos disfrazar de paraíso?As áncoras que nos amarran son de verdade, e quero pensar que non somos libres e estamos amolecendo no noso propio sangue, vendo as tres portas de saída diante de nós, consumidos pola indecisión. Sigamos bailando, agardando que a orquestra toque de novo, unha penúltima canción.