Seguidores

sábado, 14 de enero de 2012

¿É posibel que todo sexa pura e absurda casualidade?Ficar calada no cuarto só me fai morder as horas, ver debuxados centros de interrogantes, de posibilidades. Vixiar as costas e buscar o espello pra ollar anos atras, séculos de emocións que se condensan en segundos, coma estúpidas pingas de chuvia que ao caer forman un charco sen tan sequera sospeitalo. Íspome de vagar agardando que o corpo nú me ensine a verdade, acudo á auga santa da ducha, tomo baño e non me sinto limpa, teño apegada á pel esta suor vella de tanto xogar mentiras compartidas e verdades que afogan na saliva morna e velenosa dos amantes-odiantes. ¿Qué máis queres de min?¿Cara onde nadamos neste mar podre que tentamos disfrazar de paraíso?As áncoras que nos amarran son de verdade, e quero pensar que non somos libres e estamos amolecendo no noso propio sangue, vendo as tres portas de saída diante de nós, consumidos pola indecisión. Sigamos bailando, agardando que a orquestra toque de novo, unha penúltima canción.

No hay comentarios: