Seguidores

viernes, 4 de diciembre de 2009

Waiting for de miracle.

Nunhas horas regreso á casa. É estrano voltar en avión, coma se o espacio e o tempo fosen de verdade relativos. Trocan as distancias e as horas xa non pesan sesenta minutos. É gañarlle unha prórroga ó día, roubar un anaquiño máis de vida que semella non nos pertencer. Xogárlla á gravidade, distraer ós camiños, pasar voando. E por iso é coma se non fora de verdade, coma se viaxar así fose ir un pouco menos. Ás veces cómpre un período de transición, un darse conta, tomar consciencia de que xa somos outros. Pode que deseñen avións que trascendan a velocidade do son, pero eu aínda avanzo con ollar atónito e pés de tartaruga. Non estou preparada. Preciso sentir as horas que me mollan de suor e cansazo no vagón dun tren, ver coma a paisaxe vai trocando, de pardo a verde, da chaira á montaña, presentir a aprendizaxe na dor do pescozo, experimentar o cambio nas pernas entumecidas. Sentir os kilómetros por baixo da pel. Á fin viaxar é un querer transfigurarse, fuxir dun mesmo pra toparse con outro noutro lugar, outro que es tamén ti pero ó mesmo tempo é un alguén descoñecido e totalmente novo.

No hay comentarios: