Seguidores

viernes, 27 de mayo de 2011

O propósito e non desfalecer, seguir tecendo o encaixe obstinado e cego, envelenando o tempo, facendo preguntas, coma unha Penélope ida que esqueza o destecer mirando cara o mar.Quixera poñer algo entre ti e esas maus que tanto sofren, que son bandeira de todo, poñerme eu coma escudo, unha palabra, un sol cheo de azul e de rabia luminiscente. Quero falarche a ti, que vagas, a ti que transformas cos dedos a direción do ar, que invirtes o reflexo dos espellos ó ollares pola túa fiestra máxica, trocando os meus mundos. Os sentimentos puros foxen de obras megalíticas e de emblemas e o noso é un trebor sen rebaixar,e de súpeto pousase unha xoaniña no bordo da páxina e hai outra vez un bruido bestial, un impacto de meteorito, e esperto con todo recomenzando e coas rúas sen poñer,coma se non soubese nada, sen saber nada.

Xa non sei escreber e fasme falta, caín na conta cando pensei en ti fregando os dentes e sei que é unha necesidade egoísta, que te quero devorar nun instinto caníval, nutrirme de ti, zugar ata a última parte do teu íntimo nun rito de mantis namorada e mortal.

Quero aprender contigo os camiños do mundo, a linguaxe do sangue que flúe sen parar.

No hay comentarios: